Xa en marcha…as maletas viaxeiras pola igualdade.

As maletas xa están nas casas e ao longo de tres meses, viaxaran dunha a outra ofrecendo “os seus tesouros particulares” relacionados con 15 profesións ou actividades. O xogo acompañado é unha oportunidade para que na familia gozamos da oportunidade que brinda este recurso didáctico.

Mamás e papás, tiveron unha presentación dos obxectivos desta proposta escola-familia, ca finalidade de compartir ao rematar o curso, unha reflexión conxunta das conduta e relaciones que dende os primeiros anos, as nenas e nenos establecen sobre os roles de xénero na súa vida familiar e nas profesións que as maletas representan.

Todos os mércores ata ben entrado o mes de xuño, as maletas viaxeiras contan cun novo destino.. os lúns voltan á escola. As veces, costará compartir..pero o propósito da escoliña é facer unha aposta por “facer deste xesto” o principio de que todo é de todos e todas..aínda que ás veces teñamos que esperar.

Artigos relacionados

Día do Xogo 11 de xuño.

Teas,música,canto: Compañeir@s de infancia na escoliña

Entra na área de familias