ANPA Titongo
Dende ANPA TITONGO queremos darvos a benvida a este novo curso a todas as familias, tanto ás que veñen por primeira vez á Escola Infantil Monte Alto, como ás que continúan con nós.
● COLABORACIÓN COA ESCOLA. Colaboramos coa Escola en todo o que sexa oportuno, como por exemplo apoio en festas e saídas, realización de propostas para actividades complementarias, compra de materiais extra, etc. Sabemos que o equipo educativo está sempre atento a novos e mellores xeitos de educar ás nosas fillas e fillos, por iso estamos en continua comunicación para dar o soporte que podamos ofrecer.
A ANPA TITONGO financia estas actividades co apoio das familias, e para que vexades que é necesario a colaboración de todas, os gastos fixos que vos comentamos para este curso serían os seguintes:
– A actividade de música custa 140€/mes (1.300€/curso).
– A lavandaría depende dos lavados que se fagan, pero supón ao redor de 55€/mes (600€/curso).
As vías de financiación polo momento son estas:
- COTA ANUAL: Cada familia da Escola pode facerse socia por un importe de 60€/curso (80€/curso para aquelas familias que teñan mais dunha crianza na Escola este curso).
- LOTARÍA DE NADAL: Véndese desde finais de outubro Lotaría de Nadal mediante participacións de 5€ (xóganse 4€ no sorteo e apórtase un donativo de 1€).
- MERCADIÑO DE NADAL: Recollemos doazóns de xoguetes e contos para despois poñelos á venda a prezos moi populares (entre 1€ e 5€). Todo o que sobre será doado a entidades sociais. O mercadiño soe facerse nas dúas primeiras semanas de decembro.
- FOLIADA MIUDIÑA: Organizamos festas que poñen en valor o barrio de Monte Alto… gústanos celebrar e compartir a diversión con todas as familias e a veciñanza. Vendemos rifas a 1€ para facer sorteos de produtos doados polos comerciantes do barrio. Esta festa soe ter lugar en maio.
*EI CARBALLEIRA… XA CHEGA A FOLIADA MIUDIÑA!*
Este *15 de maio ás 17:30h*, na Escoliña Monte Alto arde o torreiro cas miúdas e miúdos cantando pola lingua. 👅🎼
A ANPA Titongo e a Escoliña organizan unha foliada chea de música, ritmo e comunidade para *celebrar o Día das Letras Galegas 2025*, dedicado ás nosas cantareiras que tanto fixeron pola trasmisión oral.
⚡ As crianzas levan semanas afiando a gorxa co mestre Félix Arias para abrir a festa como se merece: cantando, tocando e bailando.
💃 E despois… barra libre de festa! Acompañaranos un cuarteto tradicional formado por algúns pais e nais da escola, así que se tes pandeireta, gaita, tambor, voz ou moitas ganas de bailar este é o teu sitio!
*A foliada é de todas e para todos!*
🎁 Para darlle emoción á tarde, sorteamos mais de *300€ en PRODUTOS DO BARRIO* aportados de forma altruista polos comerciantes de Monte Alto.
Repartiremos *rifas a 1€*, e todo o recadado vai para ANPA para así poder seguir armando mais festas, contos e aventuras para a xente miúda! 🌱
Ven, participa, canta e baila… Rúa Vixía s/n (patio exterior da EIM Luis Seoane).
*VIVA MONTE ALTO! LUMEEEEEE!* 🔥🔥