A historia da Escoliña
Dende hai 37 anos, a nosa escola infantil é un piar fundamental no corazón de Monte Alto. Ao longo deste tempo, acompañamos a xeracións de nenos e nenas nos seus primeiros pasos, creando un ambiente familiar e próximo onde cada pequeno se sente único e valorado.
A nosa traxectoria reflicte o compromiso coa comunidade e co desenvolvemento integral dos máis pequenos. Xuntos, construímos unha historia chea de cariño, aprendizaxe e confianza.
Gran parte da nosa actividade quedou rexistrado no noso portal dixital anterior. Podes visitalo aquí.