Escola Infantil Municipal Monte Alto

Somos A Escoliña. Desde 1987 traballamos con nenas e nenos de 0 a 3 anos no barrio coruñés de Monte Alto, onde aprendemos, xogamos e medramos xuntos. Pertencemos á Rede Municipal de Escolas Infantís.

Escola Infantil Municipal Monte Alto

Somos A Escoliña. Desde 1987 traballamos con nenas e nenos de 0 a 3 anos no barrio coruñés de Monte Alto, onde aprendemos, xogamos e medramos xuntos. Pertencemos á Rede Municipais de Escolas Infantís.

Durante todo o curso música galega na escola para celebrar AS LETRAS GALEGAS e AS CANTAREIRAS.

Publicadas as listas de solicitudes completas, incompletas e excluídas no proceso de admisión para o curso 2025-2026 da Rede de Escolas Infantís Municipais

Foliada Miudiña, xoves 15 de maio ás 17:30h.

MARTES 29 DE ABRIL, SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE ESCOLAR- escolas infantís

Charla no mes de maio

De novo no Mercado de Monte Alto.Novidades

Non hai eventos recentes...

Os sinais de identidade do equipo educativo

Somos profesionais da educación infantil dende hai máis de 37 anos, interesadas, en seguir achegando todos os nosos coñecementos e experiencias a un traballo ben feito.

37 anos en Monte Alto

Dende hai 37 anos, a nosa escola infantil é un pilar fundamental no corazón de Monte Alto. Ao longo deste tempo, acompañamos a xeracións de nenos e nenas nos seus primeiros pasos, creando un ambiente familiar e próximo onde cada pequeno se sente único e valorado.

A nosa traxectoria reflicte o compromiso coa comunidade e co desenvolvemento integral dos máis pequenos. Xuntos, construímos unha historia chea de cariño, aprendizaxe e confianza

Os proxectos da escola

Na nosa escola cada proxecto é unha aventura que leva aos nosos pequenos a explorar, aprender e crecer. Cada día, mergullámonos en actividades que promoven o desenvolvemento integral dos nenos e nenas, sempre a través do xogo e da creatividade.

Os nosos proxectos guían aos nenos en camiños que fomentan o traballo en equipo, a empatía e a autonomía, sempre nun ambiente seguro e acolledor. Descúbreos!

Tes algunha dúbida? Contacta connosco

Dende hai 37 anos, acompañamos aos máis pequenos nos seus primeiros pasos no corazón de Monte Alto. Se queres saber máis sobre nós ou falar co noso equipo, estamos aquí para ti.

Entra na área de familias