Iniciamos unha nova etapa, e tamén un modelo que nos identifica e compromete cun modelo de alimentación escolar. Grazas a axuda de Bea Ferreira directora e amiga da EIM Caracola, por estar sempre cerca para orientar, axudar e facilitar o tránsito de módelo de alimentación.
Isabel Segura, Isa para nós, cociñeira da escola dende finais do curso pasado, tivo a oportunidade de visitar e aprender da cociña de Caracola. Grazas ao equipo de Nutricoles, a Natalía e compañeiras por facer un gran traballo a tempo límite para que chegáramos a esta implantación no mes de setembro. Grazas por facilitarnos e colaborar fóra de horas de traballo, durante o mes de agosto.
Estamos perfilando os/as proveedores/as, de momento iniciamos o curso con:
Peixería Mar do Norte- Mercado Monte Alto
Froiteria Maroño-Mercado Monte Alto
Panadería Conchi-Mercado Monte Alto
Asociación Ecoagra-ecocomedores
Casa Grande de Xanceda
Información enviada por NUTRICOLES PARA FAMILIAS EIM MONTE ALTO

