A comida na escola
Servicio complementario de comedor
-
Monte Alto conta cun servizo propio de cociña. A escola segue ou Real Decreto 315/2025, do 15 de abril, polo que se establecen normas de desenvolvemento da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición, para o fomento dunha alimentación saudable e sostible en centros educativos O servizo de comedor da Escola Infantil de Monte Alto concíbese como un espazo educativo fundamental para o desenvolvemento integral dos nenos e nenas, polo que a alimentación saudable e a calidade nutricional constitúen piares esenciais do proxecto educativo do centro.
- https://ecocomedoresgalicia.es/es/
-
A proposta fundaméntase nos principios dos ecocomedores escolares, promovendo hábitos alimentarios saudables desde as primeiras etapas da infancia e fomentando o respecto pola contorna, os recursos naturais e o consumo responsable.
Os menús serán elaborados seguindo as recomendacións nutricionais vixentes para a poboación infantil de 0 a 3 anos, garantindo unha alimentación equilibrada, variada e adaptada ás necesidades específicas de cada etapa de desenvolvemento.
Así mesmo, contemplarase a adaptación de texturas e preparacións segundo a idade dos nenos e nenas, así como a atención individualizada de alerxias, intolerancias alimentarias e outras necesidades dietéticas específicas.
A planificación dos menús potenciará o consumo de verduras, hortalizas, froitas frescas e legumes, incorporando de forma progresiva, outras preparaciónsque favorezan a aceptación de proteínas de orixe vexetal, mantendo ao mesmo tempo unha adecuada presenza de peixe, ovos e outras fontes de proteína animal recomendadas para estas idades. -
A utilización de produtos ecolóxicos certifi6cados constituirá outro dos eixos da p6roposta, priorizando aqueles alimentos6 con maior dispoñibilidade na contorna6 local e favorecendo modelos de produc6ión respectuosos co medio ambiente.
A redución do desperdicio alimentario constituirá igualmente un obxectivo prioritario. Realizarase un seguimento periódico da aceptación dos menús e do volume de residuos xerados, permitindo axustar as racións ás necesidades reais dos nenos e nenas e optimizar o aproveitamento dos alimentos.
A elaboración dos menús está realizada pola dirección da escola, a cociñeira/o e a nutricionista-dietista que nos avala. Confecciónanse menús saudables, equilibrados, variados, divertidos e motivadores, adaptados ás idades e características individuais. Teremos en conta as razóns culturais e relixiosas que as familias poidan comunicar sobre certos ingredientes.
Os momentos de alimentación na escola. A comida convértese nun acto de grupo, onde a educador/a xoga un papel de estimulador/a e apoio para realizalo nas mellores condicións de seguridade e tranquilidade.
Lactantes: Recoméndase a lactancia materna durante os primeiros seis meses e xunto a outros alimentos ata os dous anos de idade ou máis. Respectase a a decisión de cada nai sobre este tema, polo que a escola facilitará un entorno cómodo e seguro para dar de mamar. A escola promociona a lactancia materna informando e facilitando a posibilidade de continuar coa lactancia materna tanto presencial como de forma diferida, facilitando un espazo acolledor y respectuoso, así como garantindo as condicións adecuadas de recepción, conservación, manipulación e administración diferida do leite materna.
Almorzos: Primeira hora ou media mañá. O menú do almorzo será variado, completo e equilibrado adaptado ás circunstancias persoais que por motivos de saúde (alerxias, intolerancias u outras enfermidades) éticas ou relixiosas teña a familia. Xantar: Lactantes,alimentación complementaria (maiores de 4 meses) cando sexa así solicitada. Alimentación entre 6 e 12 meses e alimentación entre 1 e 3 anos. Os menús terán en conta a frecuencias de consumo recomendadas para os diferentes grupos de alimentos.
Merendas: Preferentemente a froita fresca, cereais, froitos seco (molidos) e lácteos sen azucre.