Música da escola

Reproducir vídeo

Ven o vento e baila

Aquí presentamos o vídeo de homenaxe a Luísa Villalta, a través dunha canción que recolle textos  que se enlazan musicalmente para achegarnos e presentala aos nenos e nenas da escola, ás familias e amigos.

O texto da canción é unha recompilación de versos dalgúns poemas de Luísa realizada pola Escola e Félix.

No violín un mozo magnífico chamado Luca. Grazas tamén a súa familia por facilitar este proceso creativo.

Na gravación deste vídeo contouse ca colaboración de familias da escola do grupo 2-3 años e de todo o equipo educativo da escola.

Os poemas escollidos cantan a esta cidade, onde temos que poñer abrigo cando andamos polas rúas, nas que atopamos antenas e tamén, daquela o divertido tranvía.

A canción invita a xogar co vento, e aproximarse ao Faro, e xogar con espellos…tal e como fixemos na propia Torre de Hércules e tal e como facemos na escola ca Torre de madeira que temos.

Este vídeo foi posible pola axuda de Xosé Luís na cámara e Charo, muller de 87 anos que borda flores, palabras e corazóns para a escola

Aula 1-2 anos

A actividade musical estivo dirixida ás dúas escolas, Monte Alto invitou a Luis Seoane a festexar a través da música, este día tan especial.

Luisa Villalta, escritora e violinista é presentada como unha nena/muller que goza da rúa, da xente, do vento e moi especialmente do Faro. O seu “violino” estivo presente a través da música de Luca e dun violín que Chus presta á escola para esta celebración.

Unha festa moi linda entre nenos e nenas e educadoras e persoas que diariamente convivimos e nos relacionamos. As celebracións son motivo sempre de baile, xogo e de relacións.

Saimos en diferentes páxinas web:

 “Poñeremos espellos no Faro para anunciar unha sublevación
e que as naves do futuro.”

A música na primeira infancia

Felix Arias é o músico que acompaña os proxectos da escola infantil municipal monte alto,xa contamos cun repertorio de cancións adicadas a celebración das Letras Galegas moi especial.

Un percorrido polo cancioneiro “Letras pequerrechiñas” é unha viaxe polas palabras de escritoras e escritores homenaxeados que son adaptadas para presentarse ante os nenos e nenas de estas primeiras edades.

Entra na área de familias