O equipo da escola

Os nosos sinais de identidade

As persoas responsables deste proxecto, da dirección da escola e que formamos parte, xunto co equipo de persoas que desenvolven o seu traballo a diario na escoliña, somos profesionais da educación infantil dende hai máis de 37 anos, interesadas, en seguir achegando todos os nosos coñecementos e experiencias a un traballo ben feito, desexosas de prover ao neno e á nena dunha educación plena, como un dereito da infancia.

Somos persoas con iniciativas propias, imaxinativas e con capacidade de adaptación ao cambio; reflexivas, capaces de reformularnos todo o que facemos e o que defendemos.

Interesadas nas novas perspectivas educativas e sensibles aos cambios educativos. Inconformistas, dialogantes e preparadas para o trabajo en equipo. Investigadoras e sempre en continua formación. Críticas, respectuosas e, sobre todo, coa ilusión de favorecer unha educación e servizo de calidade, achegando o noso gran de area á Educación Infantil e á REIM.

O labor de todo o equipo é básico na vida da escola e é un enlace clave que vai definir a súa filosofía, a súa organización, o seu estilo de traballo e os seus sinais de identidade.

Partimos de ter un equipo humano de persoas coñecedoras das necesidades dos cativos e cativas destas idades e que lles saiban dar as respostas axeitadas a ditas necesidades.

Presentámonos

Andrea Sandá

Son unha persoa de servizo na escika, considérome unha persoa moi extrovertida e traballadora, sempre disposta a axudar aos que o necesitan.

Carmén Méndez

Pedagoga e Educadora Infantil. Encántame e disfruto moito do meu traballo na EIM Monte Alto con nenos (0-3 anos) onde me amoso como unha persoa empática, próxima, comunicativa, creativa e, sobre todo, no día a día gústame gozar dos xogos. cancións, bailes, contos que enchen e chegan á imaxinación dos nenos.

Chus Rodríguez

A miña primeira vocación foi a de auxiliar clínica, pero atopei a miña paixón nos nenos, que é axudalos, ensinalos e velos crecer.

Formo parte deste equipo educativo dende hai tempo, traballando con nenos de 0 a 3 anos, a miña paixón pola educación infantil e o meu compromiso é o máis importante para min.

Nesta profesión síntome moi realizada porque teño que estar en continua evolución, creo na importancia do xogo, da expresión creativa e da aprendizaxe baseada na exploración dos nenos.

Felix Arias

Son músico. O meu instrumento principal é a guitarra e a voz aínda que tamén me defendo co piano e a percusión. Levo escribindo cancións dende os 16 anos e publiquei varios discos só e con outros grupos. 

O meu traballo como profesor de música na escola comezou no ano 2013 e durante estes anos aprendín o oficio grazas ás educadoras de Monte Alto. 

A miña actividade como mestre baséase nas emocións compartidas cos máis pequenos, facéndoos participar en cancións, bailes e xogos musicais cos que interiorizamos os conceptos esenciais da música (ritmo, pulso, melodía, intensidade…) así como normalizar a música como parte da vida cotiá.

Iria Lestón

Técnico superior en Educación Infantil, formo parte deste equipo educativo dende hai case dous anos e 6 anos de experiencia en postos relacionados coa infancia. 

Veciña da Coruña e corazón da Costa da Morte, gústame moito a música e a cultura, sobre todo a galega, e sempre procuro valoralas. 

Disfruto cada momento do meu traballo, defendendo a educación en valores e as ganas de aprender e seguir formándose día a día.

Juana Toucedo

Son educadora infantil, algo que disfruto e aprendo todos os días creando actividades, onde os nenos usan a súa imaxinación e creatividade.

Considérome unha persoa que transmite confianza, seguridade e sempre procuro ter un sorriso na cara que axude a que os nenos e as familias se sintan tranquilos.

No meu traballo, ademais de gozar e aprender, considérome moi cariñosa, traballadora, responsable, cumpridora, un boa compañeira e con moita empatía.

Gústame bailar, cantar, contar historias, vestirme, desenvolver, por exemplo, a miña destreza co papiroflexia… Levo moitos anos xogando e disfrutando dunha das etapas educativas máis importantes, 0-3 anos.

Montse Sancho

Chea de ilusión por chegar sempre un poco máis alá, prendida do ensino e comprometido coa infancia en moitas facetas. Leva con Mercedes López (Carricanta) dende que eran compañeiras de colexio, logo de universidade e logo unidas en proxectos escolares que son reais, Monte Alto primeiro e Carricanta despois.

Pedagoga, educadora infantil e especialista universitaria en educación infantil.

Paula Martínez

Xa hai uns anos que formo parte desta pequena familia.

Para que me coñezades un pouco, fixen as prácticas nesta Escoliña e quedei cativada.

Podes atoparme na escola, onde me necesites.

Sara Penas

Son unha mestra namorada da súa profesión para a que procuro estar aprendendo constantemente.Considérome unha persoa creativa, cariñosa e traballadora.

O que máis me gusta é: viaxar, ler, ir a todo tipo de espectáculos, facer moitas manualidades e pasar tempo coa xente que quero.

Síntome privilexiado por ter unha das profesións máis bonitas e importantes da vida dunha persoa, por iso intento aprender cada día dos máis pequenos e das súas familias.

Sara Calderón de la Iglesia

 

Graduada en Educación Infantil e con estudos en idiomas, embárcome neste proxecto con moita ilusión como especialista de inglés.
Espero transmitir a péquelos o bonito que é aprender idiomas desde a proximidade do día a día, e afronto esta etapa con moitas ganas de seguir aprendendo e mellorando xunto a eles e elas, así como as grandes profesionais que me rodean. Aínda que é a miña primeira experiencia profesional nunha escola infantil, levo desde os 16 anos traballando con bebés e con nenos/as, e non deixa de ilusionarme dedicarme a iso cada día. A día de hoxe coido a tres peques desde fai xa case 6 anos, que son xa parte da miña familia. 
Considérome unha persoa alegre, cariñosa, traballadora, resolutiva e tranquila. O meu outra paixón son, desde que son pequena, os animais, en especial os cabalos. 
Encántame tamén a natureza, ler e viaxar, afeccións que me inspiran e axúdanme a seguir crecendo para acompañar con ilusión e agarimo aos nenos e nenas en cada pequeno descubrimento.

Entra na área de familias