Os xoves de xaneiro a xuño, a bibioteca verde estivo a disposición das familias para escoller entre un total de 77 publicacións.
Máis de 420 préstamos realizados durante estos meses, é un indicativo do valor e aprecio polo conto infantil nas familias.
Ao longo dos meses, engadimos publicacións. As adicadas a Rosalía e a temática da FAMILIA, foron as últimas incorporacións.
Os préstamos semanais mostran familias moi interesadas e motivadas pola literatura infantil e por xerar hábitos lectores dende pequenos na casa.
Alégranos moito fomentar a curiosidade polos contos e favorecer que o  préstamo sexa  un recurso habitual e  complementario coas bibliotecas públicas.
Grazas ás familias que engadiron novas publicacións.


Entra na área de familias