Curso 2023-2025

Durante os primeiros meses do ano 2023, o Concello toma a decisión de trasladar a Escola Infantil Municipal Monte Alto a outras dependencias que permitan a actividade escolar sen as molestias que as obras de reforma do mercado municipal.

Este cambio de localización realízase durante o mes de agosto e en setembro coa apertura de curso a actividade escolar comeza nas instalacións da EIM LUÍS SEOANE, situada no mesmo barrio e coas mesmas referencias socio-económicas e culturais que na anterior localización.

O proxecto educativo segue adiante pero adaptándose ás instalacións e espazos que se lle ofrecen. EIM MONTEALTO, comeza os cursos 2023-2024 e 2024-2025 con dúas aulas, unha do grupo 1-2 anos e do grupo 2-3 anos.

Unha ubicación temporal

Na nova ubicación compartimos instalacións co EIM Luis Seoane, en Monte Alto.

Podes acceder por dúas entradas, tanto na Rúa Vixía s/n como na Travesía Colón nº20.

Mantemos, iso si, o mesmo número de teléfono (981 201 223) e o correo electrónico ei.montealto@hotmail.com

Entra na área de familias