Horario da escola
O día a día da escola
Consideramos que o horario que establecemos é o máis adecuado para prestar atención aos nenos e nenas, atendendo á demanda que se vén facendo para facilitar a conciliación laboral das familias. Durante o tempo de escola altérnanse momentos de descanso, xogo, alimentación, hixiene, atención a familias, etc. que veñen sendo os eixos que nos marcan a distribución da xornada.
O persoal da escola, tanto o educativo como o de servizos, terá a súa propia distribución de tarefas, orientada a garantir o óptimo funcionamiento da escola.
- 7:00h a 8:00h. Apertura da escola. A función do persoal da escola é a de acondicionar o centro para recibir ás crianzas que chegan, creando un clima agradable, preparando os primeiros almorzos e recollendo a información enviada por correo electrónico ou chamadas das familias sobre cambios horarios, servizos etc. A chegada e primeiros recibimentos, son momentos de tranquilidade onde o ambiente é sosegado e as entradas son paulatinas. Tempo para saúdar e compartir información do pequeno/a ca familia. Cada neno e nena pode prolongar o descanso, almorzar ou comezar cos primeiros xogos espontáneos e relacións.
- 9:00h. Dende este momento ata as 9:15 é tempo de entrada. As educadoras e educadores son as que reciben directamente o alumnado na entrada. O recibimento e a acollida na escola é moi importante xa que é ese primeiro contacto que marca de maneira significativa o resto da xornada. É o momento para o saúdo individual, para que se sintan especiais e esperados. É o momento para o intercambio coa familia, para transmitir seguridade e confianza. Cada neno ou nena que vai entrando recíbese de forma especial.
- 9:15h. Iniciamos a xornada na aula, as actividades cotiás. Este momento está cheo de motivación, asombro e entusiasmo e resulta moi importante no día a día da escola. É un tempo onde se xoga coas fotos, coas expresións, coas emocións e que cada un é protagonista. Cada persoa é mirada, saudada, sorrímoslle e esta expresa como se sinte, cantamos ou recitamos a canción adicada a cada un/ha. Tamén lembramos os nenos e nenas que non viñeron. Ao avanzar, sinalamos a importancia de observar o que pasa fóra, miramos pola fiestra, observamos o ceo, o vento, como está a fiestra. Danse as primeiras propostas de actividade grupal.
- 11:00h. É o momento habitual de cambio de dinámicas según vaia a mañá. Teñen lugar tamén os almorzos de media mañá.
- 11:30h. Actividades e xogos.
- 12:30h. Son os momentos para rematar algunhas das accións emprendidas. A preparación para o encontro cas familias dos nenos e nenas que marchan da escola, e, para outros, para ir ao comedor. Iníciase o tempo de comedor nos grupos das aulas 2 e aula 3.É o momento de preparación para a alimentación (rutinas de hixiene, colocación de mandilóns, coñecer o que imos comer).
- 12.45h a 13:00h. Momento de saídas do grupo 1-2 anos e 2-3 anos.
- 12:45h. Ten lugar o comezo do comedor do grupo de 1-2 anos.
- 13:00h. Comeza o turno de comedor do grupo 2-3 anos.
- 13:30h a 14:00h. Organízase o grupo de saída. Preparación das aulas para o descanso:colocación das cortinas, para baixar a intensidade de luz e colocación das colchonetas e sabas individuais. Momento de hixiene e aseo persoal.
- 14:00h. Os momentos de descanso. A escola frea a súa actividade, a tranquilidade chega a cada espazo. Comida do persoal en turnos.
- 15:00h. Saídas. Encontro cas familias na entrada.
- 15:30h. O tempo xeral de descanso vai rematando gradualmente, respectando, na medida das nosas posibilidades, que os nenos desperten por se mesmos.. Hixiene e aseo.Recollida da aula.
- 16:00h. Saídas. Comeza o tempo de merenda.
- 17:00h. Despedida e encontró cas familias. Final da actividade escolar.