Durante tres anos acollidas noutra escola, e xa estamos aquí.
Un longo percorrido de subidas e baixadas, de carriño cheo, de bolsas para aquí e para aĺá. Unha experiencia de aprendizaxe e convicencia compartida positiva, de adaptacións e solucións permanentes para manter o proxecto.
Chegou agosto, moi intenso cheo de dificultades e moita tristura. Decisións e unha aposta por comezar unha vez mais.
E aínda, que o corazón estea partido, temos que abrir portas e fiestras aos novos aires deste lugar tan entrañable para nós, a praza e o mercado.
Temos ese dereito de sorrir e festexar, que despois de tres anos podemos xa traballar en boas condicións, que xa podemos de novo xogar e vivir cas crianzas de primeiros meses, que xa podemos deixar o carriño e abrirnos a unha nova ilusión. Faremos deste espazo,que xa é fermoso, un lugar amable,alegre, acolledor para todas as persoas que habitamos esta escoliña.
Que ninguén nos faga calar por sentir emocións bonitas e falar desta escoliña e do noso facer educativo.
Nas portas da escoliña, a 1 de setembro de 2026, O equipo educativo, con Ana e Blanca do Servizo de Educación do Concello.
