ANPA Titongo

                                                                                                            BENVIDA AO CURSO 2025-26

Dende ANPA TITONGO queremos darvos a benvida a este novo curso a todas as familias, tanto ás que veñen por primeira vez á Escola Monte Alto, como ás que continúan con nós.

Aproveitamos para presentarnos. Somos a asociación de nais e pais de alumnos/as e a nosa función é completar con iniciativas útiles o traballo que se fai dende a Escola para ofrecer aos nosos nenos e nenas o mellor nesta etapa educativa. Ademais, tamén servimos de canle para representar e dar voz ás familias para que se teñan en conta as nosas opinións nas administracións implicadas nas decisións sobre a nosa Escola.

Como en cursos anteriores, este curso están previstas as seguintes accións:

  • MÚSICA. Levamos anos contando con Félix Arias, educador, compositor e músico da nosa cidade, que ademais da actividade semanal está moi implicado en todos os proxectos da Escola. O obxectivo das sesións é familiarizar ás nenas e nenos co mundo da música (instrumentos, ritmos, bailes, cancións…) para estimular o seu desenvolvemento integral. Está dirixida a todo o alumnado do centro, realizándose dúas sesións semanais, unha con cada grupo de idade dentro do horario escolar.
  • LAVANDARÍA. Desde o curso 2019-2020 iniciouse a contratación dun servizo de lavandaría para toda a roupa que empregan os nenos e nenas na Escola a diario e a ANPA asume este gasto. Deste xeito non renunciamos aos beneficios de usar os mandilóns e babeiros de maneira compartida, igualitaria e sempre dispoñible, sen ter que encargarnos as familias da limpeza. Este servizo cobra especial relevancia e utilidade para as familias que fan uso do comedor.
  • COLABORACIÓN COA ESCOLA. Colaboramos coa Escola en todo o que sexa oportuno, como por exemplo apoio en festas e saídas, realización de propostas para actividades complementarias, compra de materiais extra, etc. Sabemos que o equipo educativo está sempre atento a novos e mellores xeitos de educar ás nosas fillas e fillos, por iso estamos en continua comunicación para dar o soporte que podamos ofrecer.

A ANPA TITONGO financia estas actividades co apoio das familias, e para que vexades que é necesario a colaboración de todas, os gastos fixos que vos comentamos para este curso serían os seguintes:

  • A actividade de música custa 140€/mes (1.300€/curso).
  • A lavandaría depende dos lavados que se fagan, pero supón ao redor de 55€/mes (600€/curso).

As vías de financiación polo momento son estas:

  • COTA ANUAL: Cada familia da Escola pode facerse socia por un importe de 60€/curso (80€/curso para aquelas familias que teñan mais dunha crianza na Escola este curso).
  • LOTARÍA DE NADAL: Véndese desde finais de outubro Lotaría de Nadal mediante participacións de 5€ (xóganse 4€ no sorteo e apórtase un donativo de 1€).

Se ademais de colaborar económicamente coa ANPA te atreves a dedicarlle un tempo, estaremos encantadas de contar con máis axuda e así poder colaborar entre todos para que todas as vantaxes das que falamos se manteñan ou incluso medren. Toda axuda e incorporación é benvida… ninguén somos persoas expertas no labor, o único que se precisa son ganas!

Moitas grazas pola vosa atención, se tedes algunha consulta podédela facer no correo electrónico apatitongo@gmail.com. Estaremos encantadas de escoitar e responder

Entra en el área de familias