Eres o meu ceo

Es o meu ceo, preséntase como unha invitación a incorporar, dende pequenos e en contextos familiares próximos, contidos e actividades relacionadas coa astronomía.

A partir dunha metodoloxía de aprender xogando, elaborouse ao longo dos últimos sete anos unha proposta globalizada de mirar e aprender sobre o universo, vinculada á vida cotiá e ás posibilidades reais e imaxinarias de observar o ceo.

As emocións deben estar sempre ligadas ao descubrimento do novo, por iso o noso proxecto está empapado de música para relacionar estas actividades coa vida persoal. O meu ceo, a miña constelación, a miña estrela.

Descargar a guía completa do proxecto.

Descargar as constelacións.

Entra na área de familias