Preparando o curso 2025-2026

Dende o 13 ao 19 de marzo está aberto o proceso de renovación de praza para o alumnado actualmente matriculado na escola

REIM – Solicitude de reserva de praza para o curso 2025-2026

Do 20 ao 21 de marzo, aberto a solicitude de traslado praza entre escolas da rede

REIM – Solicitude de traslado entre escolas

A partir destas datas, información das prazas libres na escola e do prazo de solicitudes para o novo curso escolar. Dende o concello información na web educativa e a través desta web da escola.

Dende a escola organizaremos dúas sesións para informar ás familias interesadas do proxecto e organización da escoliña. Nestas sesións serán pola tarde a partir das 16h e exclusivamente para persoas adultas.

Para estas sesións teredes que apuntarse con antelación, a través do correo electrónico ei.montealto@hotmail.com, chamada telefónica 981201223 ou directamente na propia escola.

Artigos relacionados

Dende setembro,na nova escola na Praza de Monte Alto.

Hoxe, último día do curso, 31 de xullo. Pechamos unha etapa complexa e especial, tres anos de experiencia única entre dúas escolas.

Entra na área de familias