Grazas a Felicidad Casás, por favorecer que fose todo doado e cómodo, e que nosa escola mantivera a súa esencia, a pesar do que implicara. Ao equipo da escola EIM Luís Seoane pola acollida e compañeirismo durante estes tres anos compartindo espazos e tempos.
A Nati polo seu apoio e axuda, e pola súa dispoñibilidade para facernos sentir como en casa. A Claudina, polo seu bo facer e a súa actitude sempre aberta e colaboradora. A todas e cada unha das/dos educadoras que nos fixeron máis levadeiro cada curso. Unha aperta inmensa.