Normalización lingüística do Concello achega esta proposta musical, 15 de maio

O Son que me Arrola é unha proposta musical que ofrece a posibilidade de achegar aos máis pequenos a cultura tradicional galega, da man dos cantos de berce, rimas e a instrumentación.

O Son que me Arrola ofrece tamén a posibilidade dun espazo lúdico onde a familia pode experimentar e manipular os diferentes instrumentos de percusión e outros realizados con materiais de refugallo.

Os OBXECTIVOS desta actividade son:

  • Achegar a música ás familias, principalmente a de tradición oral galega.
  • Ofrecer a posibilidade de experimentar e manipular con diferentes instrumentos.
  • Impulsar actividades axeitadas para o tramo de idade 0-6 anos.

Artigos relacionados

ANPA TITONGO organiza

Contigo Aprendín, con CHENCHU, xoves 14

Entra na área de familias