Estamos nun momento moi especial no firmamento, xa que dende nosa cidade e sempre que as nubes o permiten, poderemos observar, mañá venres un eclipse de lúa e o día 29 de marzo un eclipse de sol.
Na escola falaremos e presentaremos este acontecemento a través do xogo entre os tres protagonistas destes días: tres esferas de diferentes tamaños.. que xogan co seu propio ritmo ,tamaño e enerxía.
🌑A lúa, 🌍A Terra e ☀️O Sol.
A lúa xira arredor da Terra💫
A terra xira arredor do Sol💫
O sol é unha estrela e brilla con luz propia.
A Terra é un planeta e non ten luz propia.
A Lúa é o satélite da terra e tampouco ten luz propia.
O que pasa cando un tapa a outro, o que pasa ca luz do sol, que pasa si…👥
“Es o meu ceo” e “O firmamento das emocións” son proxectos da escola para iniciar no coñecemento desde as primeiras idades e en contextos familiares , a contidos e actividades relacionadas coa astronomía.