A vindeira semana comezamos de novo a nosa andaina e reflexión sobre os DEREITOS DA INFANCIA.
Dende hai un ano consideramos facer desta data algo máis que unha celebración ou un recordatorio e ampliala durante os próximos meses.
O proxecto DEREITOS DA INFANCIA comezou en novembro de 2022 dentro das comunidades educativas do noso colexio e da escola infantil municipal Os Cativos. Unha primeira parte desta experiencia mostrouse ao final do curso cunha exposición das creacións, textos e actividades relacionadas con cada dereito da infancia.
Este novo curso continúa coa nosa intención de ir un pouco máis aló e grazas á colaboración da ANPA TITONGO ofrecemos as seguintes propostas para que as familias que comezaron o curso con nós poidan participar desta experiencia.
Luns 20- Exposición DEREITOS DA INFANCIA na SALA MULTIUSOS DO COLEXIO de 8:30 a 9:30 horas. por parte das nais que participaron, presentarán e explicarán cada unha das creacións realizadas.
Xoves 23- Charla coloquio de Marie-Charlotte Bisson, coordinadora de Protección Infantil da Fundación Tierra de Hombres. A experiencia e o coñecemento de Marie permitiranos reflexionar sobre os dereitos e a situación dos nenos e nenas de familias migrantes que xa forman parte da nosa sociedade e comunidade escolar.