Contos Viaxeiros

A iniciativa, amplamente coñecida e presente nas aulas de educación infantil, segue viva en Monte Alto.

A pesar de que os nenos e nenas que participan teñen até 3 anos, contamos co entusiasmo e a colaboración das familias: mamás, papás, avoas, etc., quen manteñen viva esta tradición ao final de cada curso.

 A proposta consiste en crear textos sinxelos acompañados de ilustracións e debuxos, fomentando unha participación conxunta das familias. Ao comezo do curso, ábrese a convocatoria e a viaxe do conto comeza, seguindo a orde das familias inscritas.

O proceso de creación é dinámico: pensar, escribir, debuxar e contar. Cada familia engade o seu toque persoal ao relato, seguindo o fío da historia deixada pola familia anterior e sumando novas ideas para que a seguinte continúe. Así, o inicio e o final do conto, así como os personaxes e o desenvolvemento, permanecen descoñecidos ata que o conto chega a cada fogar, onde cada familia escribe e debuxa o que considere oportuno.

Ofrécense algunhas recomendacións, como ter en conta aos nenos e nenas a quen vai dirixido o conto e procurar que o tema estea próximo á nosa contorna e realidade. O caderno, coas follas xa escritas e as que aínda están en branco, permanece aproximadamente unha semana en cada casa. Ao final da viaxe, na escola lemos o conto, escollemos un título e unha portada entre as ilustracións e debuxos realizados. Antes de finalizar o curso, o conto preséntase ás familias participantes, encadérnase e pasa a formar parte da biblioteca verde. Así, imos sumando exemplares únicos á nosa biblioteca, e os engadimos para os  prestamos semanais de contos,  fomentando a lectura e o interese  polos contos dende a infancia.

Aquí están os últimos tres contos viaxeiros..aínda que do último falta a última parte..próximamente completo.

Entra na área de familias