A romaría dos paxaros no paseo da escola.

O sol chegou para que os paxariños e as árbores foran os protagonistas. Colocamos as casiñas e a sinalización co nome. Escoitamos a canción “A romaría dos paxaros”, escoitamos os cantos de cada ave e cantamos moito. A música foi compañeira do paseo. Nomear as aves e as árbores, localizar as caixas-casiñas, diferenciar as árbores que aínda non contan con follas nin flores, algúns case sen polas..foi parte da primeira mañá case primaveral.

Artigos relacionados

Dende setembro,na nova escola na Praza de Monte Alto.

Hoxe, último día do curso, 31 de xullo. Pechamos unha etapa complexa e especial, tres anos de experiencia única entre dúas escolas.

Entra na área de familias