Ti importas. Día da Infancia 20 de novembro

Precisamos lembrar os dereitos que a INFANCIA, de aquí e de alá, teñen recoñecidos. A realidade non respecta ni considera aos nenos e nenas como persoas con dereitos, xa que son vítima sen defensa posible por iniciativa propia. As grandes guerras, os pequenos conflito, a violencia vicaria e o maltrato, a pobreza, os abusos físicos e psicolóxicos, as redes que enredan, a falta de espazo e tempo para escoitar o que necesitan e queren contar.

Tempo PARA escoitar a voz dos nenos e nenas,

PARA mirar as súas miradas,

PARA apertas e agarimos..

PARA compartir o seu tempo de INFANCIA, onde o reloxo non marca horas, sinala momentos..de , gritos,sorrisos,gargalladas,voces,sono,descanso,alimento,xogo,paseo,aseo,escoitas,lecturas,agarimos,arrolos,pintada.. e tantas e tantas cousas que forman o universo da vida cotiá.

A tea branca, como venda que tapa feridas, pero que non esquece que son o máis importante, prioritarios en DEREITOS..

A modo de TRAPIÑO sin cor, e case des fiado, unha infancia chea de dano por causas imposibles de entender…no que queremos deixar en letras de cor que TI IMPORTAS e que ti pequeno e pequena, sexas doutra cultura o lingua…contas cos mesmos DEREITOS.

Pola PAZ, PARA TODA A INFANCIA DO MUNDO. VOU CAMBIAR O MUNDO NUN PLIS PLAS, SEGUE A SER UN SONO IMPOSIBLE, AÍNDA QUE SEMPRE O TEÑAMOS EN MENTE. AQUÍ VAI DE NOVO ESTE AGASALLO DE EMOCIÓNS

Artigos relacionados

Agasallo do novo ano, dende o firmamento das emocións, conto adaptado por Sara Calderón.

Nadal, nadal na terra e no mar

Entra na área de familias