A adquisición de varias linguas nos primeiros anos facilita a aprendizaxe das seguintes, partimos desta premisa que orienta a nosa proposta e que resalta as agrandes posibilidades que ten a escola como espacio de escoita, comprensión e produción sonora cando se dan interaccións comunicativas entre persoas, xa sexan adultos con nenos/nenas, como nenas e nenos entre sí. Neste ambiente de relación, xéranse as condicións idóneas para que aprendan máis dunha lingua, cando os profesionais que o acompañan teñen a intención de comunicarse e falar noutras linguas.
Valoramos especialmente a diversidade e a pluralidade lingüística do alumnado e das súas familias, polo que deseñaremos para cada situación concreta, propostas que faciliten a comunicación e o entendemento con aquelas familias que precisen unha inmersión lingüística e moi especialmente co alumnado que procede de outros países e culturas.
Descargar Letras Galegas 2024.
Inglés na escola
Hai unhas semanas Rebecca, a profesora de inglés, tivo que deixar esta actividade no colexio por motivos persoais. Paloma comezou tras a súa marcha e retomou a proposta de inglés que se desenvolve no colexio xunto co Proxecto Bululú.
Agora que Paloma está integrada e coñece a todas as nenas e nenos, queremos que as familias a coñezades.
Primeiro a través da súa voz. A identificación de voces é un aspecto moi interesante para desenvolver durante os primeiros anos da infancia a través de cancións e contos.
Despois, teremos a Paloma na entrada para que vos acompañe nesta rutina matinal.