Os proxectos, “Maletas viaxeiras pola igualdade de xénero” “Dereitos da Infancia” “Corazón de Capulana” promoven protexer os ambientes onde os menores medran, garantindo o respecto e a defensa dos seus dereitos: educación, saúde, alimentación,información,xogo…e a protección e seguridade contra situacións de violencia e abuso.
Traballamos para garantir que se medre con dignidade e xerar ambientes onde aprender a convivir con respecto aos iguais. Todo comeza dende a infancia onde institucións,familias e profesionais temos a obriga de vixiar e protexer aos nenos e nenas.
Días sinalados no calendario escolar: 20N, 25N, 30E, 8 M ,11J..son algo máis que datas. Son compromisos de informar e concienciar sobre os dereitos das persoas e moi especialmente mulleres e menores.




Sonia, muller que traballa en condicións moi complexas para que nenos e nenas de Mozambique teñan durante o tempo da escola unha oportunidade para aprender a leer,xogar e falar, e ter a oportunidade de poder estudar e garantir un futuro con mellores condicións de vida.
