Paseniño

Na Escola Infantil Municipal de Monte Alto da Coruña puxemos en marcha o proxecto “Paseniño Paseniño vou facendo o camiño” co obxectivo de ensinar aos nosos fillos a importancia da mobilidade segura dende os seus primeiros anos. Este proxecto, no que participan activamente as familias, a comunidade escolar e os veciños do barrio de Monte Alto, busca que os nenos adquiran hábitos de mobilidade responsable ao tempo que desenvolven un forte sentimento de pertenza á súa contorna.

Polo Dereito á Mobilidade dende a infancia

Cremos que os nenos teñen dereito a ser peóns activos na súa cidade. “Paseniño pasoniño vou facendo o camiño” permítelles participar con seguridade na vida urbana, non só como observadores, senón como protagonistas, familiarizándose co seu barrio e aprendendo as normas básicas de mobilidade.

Metodoloxía e actividades

O proxecto baséase nunha metodoloxía práctica e experiencial. Destacan actividades como O Panel de Rutas, onde os nenos identifican o seu percorrido diario ao colexio, e Un Paseo coa Policía Local, que ensina a seguridade viaria dun xeito lúdico. Ademais, incorporamos o uso de tecnoloxías como encerados dixitais e códigos QR para enriquecer a experiencia educativa.

Difusión do proxecto

Comprometémonos a compartir esta iniciativa con toda a comunidade. A través de presentacións públicas e a participación activa de veciños e comerciantes, buscamos que a mobilidade segura sexa unha prioridade para todos.

Entra na área de familias