Queridas familias da Escoliña Monte Alto,
Dende a ANPA Titongo queremos propoñervos una actividade colaborativa que cremos encaixa
perfectamente como complemento formativo ao traballo da Escola e ademais nos axuda na recadación de
ingresos que precisa esta asociación.
Nos tempos que vivimos é mais que necesario reducir o consumo de roupa e xoguetes. Os nenos, sobre
todo os mais meniños, deixan a roupa sen apenas uso e en bo estado, polo que poden ser usadas de novo por
outros nenos mais novos. O mesmo pasa cos xoguetes, que enseguida se cansan deles tras unha etapa e os
cambian por outros.
Propoñemos facer un mercado de roupa e xoguetes de segunda man no que dar saída a prendas que xa non
lle serven aos nosos pequenos e a xoguetes que xa non usen e que poden ser de utilidade para outras familias.
Como sabedes, a ANPA é a que se está encargando de que Félix traia música á escola semanalmente para
todas as crianzas, ademais de facerse cargo do servizo de lavandaría. O mercadiño de roupa e xoguetes sería
unha das accións que propoñemos este ano para tratar de recadar o que se poda e seguir así impulsando
todas as actividades que se subvencionan dende a ANPA.
Para levar a cabo esta actividade precisamos que todas as familias que queiran participar fagan as súas
achegas de roupa e xoguetes ata o 29 de novembro. Os nenos e nenas poden ser parte activa desta
actividade e axudarvos a seleccionar as doazóns. Despois, non tedes mais que traelas á escola e entregala en
bolsas -preferiblemente polas mañás no momento da entrada-.
A roupa que se precisa sería:
Roupa interior en bo estado: bodies, calcetíns, pixamas…
Camisetas de manga curta e longa
Pantalóns longos e curtos
Roupa de deporte (piscina, neve…)
Roupa de abrigo
Calzado (só se está sen uso ou apenas usado)
Complementos tipo gorros, bufandas, mochilas…
As tallas ideais serían de 1 a 5 anos.
Estes son algúns exemplos pero en principio aceptamos toda a roupa que estea en bo estado para ser
reutilizada. É importante que a roupa se entregue limpa.
En canto aos xoguetes, que tamén estean en bo estado: que non lles falten pezas ou que funcionen no caso de
ser electrónicos. Bonecos e xogos de mesa tamén son benvidos.
Despois do 29 de novembro clasificaremos o recollido e o mércores 4 decembro, entre as 17:00 e as
20:00h, celebraremos o mercado en GANDAINA (Calle Curros Enríquez, 11).
Os prezos serán moi axustados. Falamos de prezos entre 0,5€ e 5€. A finalidade non é só recadar cartos
para a ANPA senón fomentar a circularidade sen ter que facer un esforzo económico grande.
O que estea en mal estado será descartado e o que quede sen vender será doado, principalmente a familias
afectadas pola DANA.
Esperamos que esta iniciativa vos faga tanta ilusión como a nós, pois cremos que educar na reutilización das
cousas é unha ensinanza que tamén nos corresponde en gran medida.
Animádevos a participar nas doazóns e, por suposto, no propio mercadiño.
GRACIÑAS, FAMILIAS!