Estamos a pasar por un tempo moi complexo e intenso. Onte pola tarde o vento e a choiva causaron estragos na cuberta da escola e temos goteiras.
A pesar de ser este un día moi significativo O DÍA DA PAZ, e de ter xa paraugas, oliveira, cachiños de tea..capulaestaesnas e corazóns listos para a festa, o tempo de novo estraga as nosas intencións e quedamos de novo engadindo “propostas que non podemos levar a cabo”. Lembramos o paseo-charla con Stop accidentes que pasamos para o día 5 de febreiro, temos a visita á Casa das Ciencias que temos o próximo martes día 3 pola mañá…e agora a nosa celebración de hoxe..queda pendente.
Esperamos que todo “paseniño, paseniño” chegue a facerse co mesmo ánimo e ilusión.
Deixamos aquí unhas fotos dos preparativos para hoxe ..




Ademais pensamos acompañar este día cunha canción moi simbólica, pasamos aquí o enlace de youtube.
A OLIVEIRA, SÍMBOLO DE PALESTINA. A NOSA OLIVEIRA PEQUENA QUE CHEGOU HAI ANOS PARA ACOMPAÑAR A GRAN OLIVEIRA DO PATIO. a OLIVEIRA PEQUENA, SECOU ESTE ANO. Tal vez medrar entre tanta dor e guerra non paga moito a pena.
Nós queremos que siga , ainda que esté seco,,,,confiamos que con moitos coidados, miradas, voces, cancións,agarimos..poda volver a estar viva. Oxalá. Para nós e unha forma de entender que cando a Oliveira enferma,,,a Paz tamén,o está.
Aquí queda esta reflexión de “maiores”, estas canción fermosa que fala de Palestina e da Oliveira ardendo..
Boa fin de semana e esperamos que todo o podamos pronto celebrar.