Foliada Miudiña, xoves 15 de maio ás 17:30h.

*EI CARBALLEIRA… XA CHEGA A FOLIADA MIUDIÑA!*

Este *15 de maio ás 17:30h*, na Escoliña Monte Alto arde o torreiro cas miúdas e miúdos cantando pola lingua. 👅🎼

A ANPA Titongo e a Escoliña organizan unha foliada chea de música, ritmo e comunidade para *celebrar o Día das Letras Galegas 2025*, dedicado ás nosas cantareiras que tanto fixeron pola trasmisión oral.

⚡ As crianzas levan semanas afiando a gorxa co mestre Félix Arias para abrir a festa como se merece: cantando, tocando e bailando.

💃 E despois… barra libre de festa! Acompañaranos un cuarteto tradicional formado por algúns pais e nais da escola, así que se tes pandeireta, gaita, tambor, voz ou moitas ganas de bailar este é o teu sitio!
*A foliada é de todas e para todos!*

🎁 Para darlle emoción á tarde, sorteamos mais de *300€ en PRODUTOS DO BARRIO* aportados de forma altruista polos comerciantes de Monte Alto.
Repartiremos *rifas a 1€*, e todo o recadado vai para ANPA para así poder seguir armando mais festas, contos e aventuras para a xente miúda! 🌱

Ven, participa, canta e baila… Rúa Vixía s/n (patio exterior da EIM Luis Seoane).

*VIVA MONTE ALTO! LUMEEEEEE!* 🔥🔥

Artigos relacionados

Durante todo o curso música galega na escola para celebrar AS LETRAS GALEGAS e AS CANTAREIRAS.

Publicadas as listas de solicitudes completas, incompletas e excluídas no proceso de admisión para o curso 2025-2026 da Rede de Escolas Infantís Municipais

Entra na área de familias