Visita de axentes da policía local coa súa actividade: Os parruliños coñecen a rúa
Toño, é un policía local que veu á escola cun coche patrulla e con dous axentes máis que acompañáronnos durante un paseo moi especial polas rúas próximas da escola.
Toño, conto moitas cousas do seu traballo, da roupa que leva e para que serve cada un dos complementos que leva a diario. Falounos do importante de andar pola rúa acompañados e de como temos que facer se nos perdemos. No coche de policía puidemos ver todo o que levan e para que o teñen que usar.
Foi unha mañá moi divertida, porque ademais dun paseo superdivertido, parando o tráfico nos pasos de peóns, recibimos un carné infantil de policía. Recibímolo na sala de usos múltiples, onde lle ensinamos o noso panel do barrio coas pezas que temos para situar, pasos de peóns, semáforos, casas, cales etc…














