Festa de Fin de Curso 2024
27 de Xuño
12:00
O pasado xoves 27 tivo lugar a celebración do remate do curso, baixo o lema ” Que será será? ” na que o grupiño de nenos e nenas que finalizan esta etapa de primeiro ciclo contan cun especial protagonismo xunto cas súas familias.
Unha festa chea de música, bailes, xogos e sobre todo de emocións e momentos lindos.
Contamos ca especial colaboración da voz e cancións de Felix Arias e de Paloma, profe de inglés do Proxecto Bululú.
Un novo encontro terá lugar esta semana, o mércores 3 de xullo, de novo no Parque Carlos Casares estaremos festexando co grupiño que continua e cas familias que comezan en setembro, unha festiña de benvida que todo o equipo da escola e as familias de montealto queren celebrar.