
O último martes de cada mes sempre é especial, xa que o son das cordas da guitarra é protagonista da mañá. Este foi este pasado martes,no que os maiores festexaron a sorte de contar ca experiencia de acompañar coas súas guitarras a súas voces e cantar xunto a Felix, as melodías e cancións que son banda sonora da escoliña.
A música sempre é unha boa compañeira de viaxe. Na escola temos unha gran pandilla de nenos e nenas que seguen ca pasión musical. Hai xa ex- alumnos que xa están en orquestras sinfónicas, premiados publicamente pola súa profesionalidade e moitos que sabemos que contan cunha guitarra de compañeira de vida.
O gusto pola música dende a infancia é o mellor que escola e familia pode ofrecer para que a vida soe doutra forma. A música pon son ás emocións, e pode quedar e chegar onde cada quen desexe,para un mesmo/a o para os demais.
Cantar é sempre un bo signo de que queremos comunicarnos,facer oír nosos sentimentos xean ou no alegres. Poñer unha banda sonora dende a infancia á vida..e seguir medrando acompañados de unha boa amiga, e é un magnífico tesouro persoal, único e irrepetible