Eclipsando

A oportunidade de vivir e sentir este momento máxico do 12 de agosto, invítanos a manter aberta a nosa proposta sobre astronomía, onde todo o que supón o firmamento das emocións, chega ao seu momento de “Asombro”, co eclipse.

Baixo este nome “Eclipsando”, agrupamos experiencias relacionadas ca luz natural do sol, a luz de focos dentro da escola, e as consecuencias da súas proxeccións sobre obxectos e persoas.

Na zona exterior da escola, faremos os xogos de sombras para atopar todo aquilo que o sol provoca ao longo dunha parte da mañana.

No interior da escola, contamos con elementos de luz, como a mesa de luz, retroproxector, o cubo que fará de pantalla e tamén de espazo de xogo para crear sombras. Un corredor interior onde penden obxectos dunha rede para observar os cambios das sombras, vinilos de cores, ..a luz proxectada en obxectos opacos e tamén en obxectos translucidos. Os contos terán un tempo especial cada día, xa que contamos cunha pequena colección de publicacións sobre o tema.

É por suposto falar moito do coidado dos ollos, durante os días de sol, e moi especialmente os coidados especiais para apreciar o eclipse do verán.

Entra na área de familias