Visita á Lonxa
O xoves pasamos unha mañá moi divertida na Lonxa. Bea foi a encargada de ensinarnos todo o que alí hai. Contounos un conto sobre a Lonxa, puidemos ver por onde veñen os barcos, que peixes venden alí, onde o colocan, como os pesan e ata puidemos tocar o xeo, pasámolo moi ben!.