
Abrir portas e querer entrar…nos brazos, da man.
Pisamos á escola,grandes e pequenos, e respectamos así que neste lugar chamado escoliña, precisamos de coidados que dependen de todos e todas. A hixiene e a comodidade de poder percorrer a escola sen precisar de estar pendentes da suciedade da rúa. Para gateadores, para camiñantes, para andantes…para todos e todas.
Pisadas dentro das aulas, pisadas polo corredor ata aulas de maiores..deixamos o que traemos no moble da entrada.
Aínda que moitos e moitas no pisan a rúa, aquí está o seu lugar. Os calcetíns ou calzas de mamás e papás poden quedar neste oco do moble.
Pasiño a pasiño, estamos a facer este camiño que tantas emocións provoca. Grazas