O martes 28 de abril, teremos oportunidade de retomar a relación de aprendizaxe e colaboración que anos atrás mantivemos con eles e elas, e que nos levaron a espazos de natureza, como o Monte Xalo e a Torre de Hércules.
Este curso organizamos na escola un obradoiro relacionado cas aves da contorna, polo que contamos ca experiencia deles no tema, e poderemos facer caixas niño, así como observar e aprender do mundo das aves. O obradoiro terá unha duración máxima de 90 minutos.
É importante coñecer o número de participantes con antelación para contar co material necesario a utilizar nesta tarde.
Será na escola.