Comeza o prazo de solicitudes para o curso 2026-2027

A escoliña ofrece as seguintes prazas

Para aula de nenos e nenas nados no 2026, 8 prazas.

Para aula de nenos e nenas nados no 2025, 13 prazas

Para aulas de nenas e nenos nados no 2024, 23 prazas.

A escola contará con 57 prazas en total.

https://www.coruna.gal/educacion/gl/escolas-infantis/proceso-de-admision


Proceso de admisión na REIM

As presentes instrucións, ditadas polo Servizo Municipal de Educación (SME en diante), teñen por obxecto regular o proceso de admisión nas escolas infantís integradas na Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM, en diante) do Concello da Coruña para o curso 2026-2027.

A adxudicación de prazas está sometida aos criterios de baremación sinalados nas bases reguladoras do proceso de admisión nas escolas infantís integradas na REIM para o curso 2026-2027, que se pode consultar no apartado de “Documentos relacionados”, situado na parte inferior desta mesma páxina.

Información sobre o proceso de admisión para o curso 2026-2027

REDE DE ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS

Aquí informaci

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN

TrámiteData/prazo
Prazo de solicitude de renovación de prazaDo 9 ao 12 de marzo
Prazo de solicitude de traslado de prazaDo 9 ao 12 de marzo
Publicación de prazas vacantes para o curso 2026/202713 de marzo
Preinscrición en liña e solicitude por rexistroDo 16 ao 30 de marzo
Publicación das solicitudes presentadas4 de maio
Prazo de presentación de alegacións e emenda contra a listaxe de solicitudesDo 5 ao 18 de maio
Publicación da resolución provisional8 de xuño
Prazo de presentación de alegacións contra a resolución provisionalDo 9 ao 22 de xuño
Publicación da resolución definitiva30 de xuño
Prazo de matrículaDo 1 ao 10 de xullo

PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2026-2027

EIM0-1 ANOS (2026)1-2 ANOS (2025)2-3 ANOS (2024)TOTAL VACANTES
Arela16232261
Monte Alto8132344
Os Cativos16101945
Luís Seoane8292057
Caracola16101440
Carricanta16232160
Os Rosales24162262
Agra do Orzán16101743
TOTAL120134158412

Artigos relacionados

OBRADOIRO AMBIENTAL CON HÁBITAT

Bo día, dende a escoliña de Déguè (Mozambique)

Entra na área de familias