O equipo da escola

Os nosos sinais de identidade

As persoas responsables deste proxecto, da dirección da escola e que formamos parte, xunto co equipo de persoas que desenvolven o seu traballo a diario na escoliña, somos profesionais da educación infantil dende hai máis de 37 anos, interesadas, en seguir achegando todos os nosos coñecementos e experiencias a un traballo ben feito, desexosas de prover ao neno e á nena dunha educación plena, como un dereito da infancia.

Somos persoas con iniciativas propias, imaxinativas e con capacidade de adaptación ao cambio; reflexivas, capaces de reformularnos todo o que facemos e o que defendemos.

Interesadas nas novas perspectivas educativas e sensibles aos cambios educativos. Inconformistas, dialogantes e preparadas para o trabajo en equipo. Investigadoras e sempre en continua formación. Críticas, respectuosas e, sobre todo, coa ilusión de favorecer unha educación e servizo de calidade, achegando o noso gran de area á Educación Infantil e á REIM.

O labor de todo o equipo é básico na vida da escola e é un enlace clave que vai definir a súa filosofía, a súa organización, o seu estilo de traballo e os seus sinais de identidade.

Partimos de ter un equipo humano de persoas coñecedoras das necesidades dos cativos e cativas destas idades e que lles saiban dar as respostas axeitadas a ditas necesidades.

Presentámonos

Isabel Segura

Soy Isabel Segura, chef y licenciada en Sociología, y me incorporo con mucha ilusión al equipo de La Escoliña. Después de muchos años dedicada a la hostelería, decidí orientar mi profesión hacia la alimentación infantil, una labor que considero fundamental para el crecimiento y el bienestar de los más pequeños.Me apasiona la cocina, descubrir nuevos ingredientes y sabores, y creo en una alimentación saludable y sostenible como forma de cuidar de las personas y del entorno. En mi tiempo libre disfruto leyendo, bailando, cantando y, por supuesto, compartiendo momentos con los niños.

Carmén Méndez

Pedagoga e Educadora Infantil. Encántame e disfruto moito do meu traballo na EIM Monte Alto con nenos (0-3 anos) onde me amoso como unha persoa empática, próxima, comunicativa, creativa e, sobre todo, no día a día gústame gozar dos xogos. cancións, bailes, contos que enchen e chegan á imaxinación dos nenos.

Chus Rodríguez

A miña primeira vocación foi a de auxiliar clínica, pero atopei a miña paixón nos nenos, que é axudalos, ensinalos e velos crecer.

Formo parte deste equipo educativo dende hai tempo, traballando con nenos de 0 a 3 anos, a miña paixón pola educación infantil e o meu compromiso é o máis importante para min.

Nesta profesión síntome moi realizada porque teño que estar en continua evolución, creo na importancia do xogo, da expresión creativa e da aprendizaxe baseada na exploración dos nenos.

Felix Arias

Son músico. O meu instrumento principal é a guitarra e a voz aínda que tamén me defendo co piano e a percusión. Levo escribindo cancións dende os 16 anos e publiquei varios discos só e con outros grupos. 

O meu traballo como profesor de música na escola comezou no ano 2013 e durante estes anos aprendín o oficio grazas ás educadoras de Monte Alto. 

A miña actividade como mestre baséase nas emocións compartidas cos máis pequenos, facéndoos participar en cancións, bailes e xogos musicais cos que interiorizamos os conceptos esenciais da música (ritmo, pulso, melodía, intensidade…) así como normalizar a música como parte da vida cotiá.

Iria Lestón

Técnico superior en Educación Infantil, formo parte deste equipo educativo dende hai case dous anos e 6 anos de experiencia en postos relacionados coa infancia. 

Veciña da Coruña e corazón da Costa da Morte, gústame moito a música e a cultura, sobre todo a galega, e sempre procuro valoralas. 

Disfruto cada momento do meu traballo, defendendo a educación en valores e as ganas de aprender e seguir formándose día a día.

Juana Toucedo

Son educadora infantil, algo que disfruto e aprendo todos os días creando actividades, onde os nenos usan a súa imaxinación e creatividade.

Considérome unha persoa que transmite confianza, seguridade e sempre procuro ter un sorriso na cara que axude a que os nenos e as familias se sintan tranquilos.

No meu traballo, ademais de gozar e aprender, considérome moi cariñosa, traballadora, responsable, cumpridora, un boa compañeira e con moita empatía.

Gústame bailar, cantar, contar historias, vestirme, desenvolver, por exemplo, a miña destreza co papiroflexia… Levo moitos anos xogando e disfrutando dunha das etapas educativas máis importantes, 0-3 anos.

Montse Sancho

Chea de ilusión por chegar sempre un poco máis alá, prendida do ensino e comprometida coa infancia en moitas facetas. Son directora, educadora infantil e especialista universatario en educación infantil pola infancia. A primeira escola Monte Alto logo chegou  Carricanta. Dúas escolas cheas de experiencias en barrios moi diferentes, Monte Alto e o Castrillón, pero sempre unidas polo traballo creativo e deseño conxunto con Mercedes López, compañeira, amiga e socia dende hai más de 40 anos.

Monte Alto, escoliña de barrio, de familia, onde dendo o próximo está moi presente, pero tamén o xogo de imaxinar aquilo que está no infinito e máis alá. Un proxecto profesional e persoal onde sempre apostamos por mellorar, e facer posible os novos retos que o futuro nos ofrece. O meu camiño sempre está no deseño e creación de proxectos para a infancia; arte, ciencia, cidade,música, mercados, rúas e paseos onde ofrecer experiencias divertidas e cheas de posibilidades aos nenos e nenas desta cidade.

Creando e formando, dende hai 39 anos equipos de compañeiras/os onde entre todos e todas logremos que  a escola sexa un lugar amable,cordial ..onde de gusto estar cada día.

 

Paula Martínez

Xa hai uns anos que formo parte desta pequena familia.

Para que me coñezades un pouco, fixen as prácticas nesta Escoliña e quedei cativada.

Podes atoparme na escola, onde me necesites.

Sara Penas

Son unha mestra namorada da súa profesión para a que procuro estar aprendendo constantemente.Considérome unha persoa creativa, cariñosa e traballadora.

O que máis me gusta é: viaxar, ler, ir a todo tipo de espectáculos, facer moitas manualidades e pasar tempo coa xente que quero.

Síntome privilexiado por ter unha das profesións máis bonitas e importantes da vida dunha persoa, por iso intento aprender cada día dos máis pequenos e das súas familias.

Entra na área de familias